> Actualidade

13/05/2010 16:00

> ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NA IV FEIRA DA ARTESANÍA DE OUTEIRO DE REI



O Concello de Outeiro de Rei está a organizar unha nova edición da feira de artesanía que este ano terá lugar o sábado 3 de xullo, coincidindo coas tradicionais festas de Santa Isabel.

Como en anos anteriores dentro da feira haberá dúas seccións; unha de artesanía e outra dedicada aos produtos de alimentación de calidade.

As persoas que desexen participar como expositores poden solicitalo directamente no propio Concello ou nos teléfonos 982 393 382/ 982 393 281, en horario de 9:00 a 14:30h.

Os expositores admitidos pola organización recibirán unha gratificación de 20€ e participaran no sorteo que premiará aos postos máis vistosos da feira.

Dentro da sección de artesanía establécense tres premios coas contías que seguen:

- Primeiro de 200 €
- Segundo de 100 €
- Terceiro de 50 €

Dentro da sección de ALIMENTACIÓN está previsto un primeiro premio de 150 € e un 2º de 100 €.

Igualmente haberá un de 100 € para agasallar á cesta de produtos do campo máis vistosa que se presente.

Con ambas medidas de apoio, o goberno local pretende estimular a participación e a motivación dos artesáns e resto de expositores promovendo ademais a boa imaxe e presentación dos seus produtos.

Descargar bases do Concurso

« Volver
Presentación | Descrición | Historia | Turismo | Servizos municipais | Novas | Axenda | Ocio | Empresas | Vivenda | Teléfonos | Buzón | Emprego | Listas | Inicio
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112