Actualidade
06/05/2010 13:00
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA OS CAMPAMENTOS URBANOS DE VERÁN
Permanece aberto o prazo de preinscrición para os Campamentos Urbanos que se realizaran nas seguintes quendas:
- Do 5 ao 9 de xullo para os nen@s de 4 a 7 anos
- Do 12 ao 16 de xullo para os nen@s de 8 a 11 anos
- Do 2 ao 6 de agosto no albergue de A Devesa (Ribadeo) para os rapaces de 12 a 15 anos que durmiran en tenda de campaña
Por ser limitado o número de prazas (25 por campamento) estas cubriranse por rigoroso orde de inscrición (terán preferencia os nen@s empadroados no Concello e os alumn@s do CEIP Laverde Ruíz con respecto aos de fóra).
O prazo para anotarse estará aberto ata o día 25 de maio ou ata cubrir as prazas ofertadas.
O custo é de 35€ por neno, e de 50€ para o campamento de A Devesa que deberán aboarse no momento de facer a reserva e sempre antes de rematalo prazo de inscrición .
Poden reservarse as prazas na planta primeira da Casa da Cultura en horario de 9 a 14:30h ou chamando ao 982 39 34 08.
» Ampliar información