> Actualidade

21/04/2010 16:00

> PRESENTACIÓN EN OUTEIRO DE REI DO PROGRAMA IMPULSALUGO



O luns 19 de abril tivo lugar no Concello de Outeiro de Rei a presentación do plan de axudas para proxectos empresariais IMPULSALUGO.

No acto, presidido polo representante do Concello anfitrión, José Pardo Lombao, estivo a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, que xunto coa técnica do IGAPE Cristina Sanz Arias e Jesús Pernas Carreira, presidente da asociación impulsora do plan , informaron desta ambiciosa iniciativa a varios alcaldes da comarca de Lugo e de zonas da montaña lucense e a axentes de emprego e desenvolvemento local deses Concellos.

Na actualidade, segundo a información transmitida, estase realizando un plan estratéxico específico para a provincia de Lugo; mentres tanto dende o 25/09/2009 as axudas existentes no IGAPE relacionadas coa creación de empresas foron melloradas aplicándose unha discriminación positiva para esta provincia.

ImpulsaLugo é un proxecto posto en marcha pola Xunta de Galicia que contempla unha liña de axudas específicas á dinamización do tecido empresarial da provincia de Lugo, programa que conta co respaldo dos axentes sociais, sindicais e patronais.

Dentro das axudas previstas hai axudas directas ao investimento empresarial superior a 200.000 €, garantíndose un mínimo de subvención do 20% para proxectos de primeira implantación e do 15% para proxectos de ampliación, modernización ou innovación tecnolóxica.

O ImpulsaLugo prevé axudas tamén no relativo aos créditos regulados mediante convenio do Igape co ICO, coas entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca; os apoios neste marco contan cunha subsidiación de 0,65 puntos con carácter xeral, subvención á que se engadirán 2 puntos porcentuais máis cando se trate de proxectos impulsados na provincia de Lugo,ata o 2,65 por cento.

« Volver
Presentación | Descrición | Historia | Turismo | Servizos municipais | Novas | Axenda | Ocio | Empresas | Vivenda | Teléfonos | Buzón | Emprego | Listas | Inicio
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112