Actualidade
30/03/2010 17:00
NEN@S DE OUTEIRO DE REI DIVIRTENSE NO OUTEIRO LÚDICO
Durante os días laborables de Semana Santa, os nenos e nenas do municipio poden gozar do seu tempo de lecer na ocioteca municipal xa que o Concello de Outeiro de Rei, a través da iniciativa Outeiro Lúdico, pon á súa disposición un espazo de xogo e encontro.
Esta iniciativa empezou a funcionar en decembro de 2008 e está orientada a que os pais e nais con fill@s con idades comprendidas entre 3 e 12 anos , podan conciliar a vida familiar e laboral durante as vacacións escolares.

Nestas vacacións de Semana Santa hai un total de 22 nenos inscritos que ata o luns inclusive participaran en xogos cooperativos, actividades de exterior nas que se inclúe unha saída ata o Campo de Santa Isabel (sempre que o tempo o permita), talleres de barro, globoflexia, pintura…
Pódese recibir máis información no tfno.: 982 393 408.