> Actualidade

26/03/2010 10:00

> O pasado 13 e 14 de marzo tivo lugar unha viaxe á neve organizada polo Concello de Outeiro de Rei



O lugar escollido foi a estación invernal de San Isidro en León e na mesma participou un grupo de 47 persoas de todas as idades que puideron asistir a clases de esquí, e gozar dunha fin de semana en convivencia cos demais e dunha paisaxe fantástica.

O tempo, aínda que non acompañou o primeiro día posto que nevou de seguido, si o fixo no segundo permitindo gozar dunha xornada especial nas pistas practicando esquí, snow e os máis pequenos tirándose cos seus trineos, o que fixo que todos retornaran á casa tan ledos como cansos.





« Volver
Presentación | Descrición | Historia | Turismo | Servizos municipais | Novas | Axenda | Ocio | Empresas | Vivenda | Teléfonos | Buzón | Emprego | Listas | Inicio
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112