Actualidade
16/03/2010 16:00
UNHA UNIDADE MÓBIL INFORMATIVA DA TDT VISITARÁ OUTEIRO DE REI
Dentro do programa de información sobre o PLAN NACIONAL DE TRANSICIÓN Á TDT que está a levar a cabo o Ministerio de Industria, Turismo y Comercio, o martes día 23 de marzo está prevista a instalación dun punto informativo móbil na praza do Concello de Outeiro de Rei que estará aberto ao público en horario de 9:00 a 14:00 h e de 16:30 a 18:30 h.
O obxectivo desta visita é o de informar á cidadanía sobre o cese das emisións analóxicas e explicar a forma de adaptarse á nova tecnoloxía e gozar dos servizos que ofrece a TV dixital terrestre.