Hidrografía
A rede hidrográfica está presidida polo Río Miño. Nacido na Serra de Meira, recorre 350 km. ata a súa desembocadura no océano Atlántico por A Guarda. Ó seu paso por Outeiro de Rei, desdóbrase formando illas fluviais. A de maior extensión do Concello atopámola na parroquia de Santa María de Cela, é a Insua de San Roque que xunto a Insua de Trabanca e a Insua de Baixo ou de Santa Mariña forman as denominadas
"Insuas do Miño".
Xunto a elas, podemos citar tamén:
- As insuas de Seivane e Pazo, en San Xoán de Parada
O
Miño discorre entre materiais sedimentarios do precámbrico e paleozoico, ca presenza de granodioritas e materiais do terciario e cuaternario, recolle as augas de numerosos afluentes que baixan dende as serras. Os máis destacados neste Concello son o Ladra e o Narla.
O primeiro atravesa as parroquias de Gaioso (onde atopamos a insua de Bouza, sita nunha finca particular), Francos, Caboi, Martul e San Xoán de Outeiro de Rei; nesta última desemboca pola dereita do Río Miño, creando unha paisaxe de beleza singular no recoñecido Campo de Santa Isabel.

O segundo, o
Narla, discorre en dirección NO-SE polos termos de Friol, Outeiro de Rei [parroquias de Vicinte e Parada] desembocando en Ombreiro (Lugo).
A eles debemos engadir outras correntes de auga menores:

Río Anoio (Aspai, San Cibrao)

Río Porto Pres (Aspai, San Cibrao)

Río Porto de Santo Tomé (Gaioso, Santo Tomé)

Río de A Lama (Gaioso, Santiago)

Río Dongrandio (Gaioso, Santiago)

Río Pedragoso (Folgueira, San Nicolás)

Río O Regueiro (Folgueira, San Nicolás)

Rego Pedragoso (Matela, Santa María Madalena)

Río Santa Marta (Guillar, San Martín)
Xunto a eles destacar os numerosos regatos e arroios tributarios dos principias ríos, que existen no Concello. A continuación pasamos a enumeralos:
Arroio de Balsa (Aguiar, San Clodio)
Arroio de Fiar (Aguiar, San Lourenzo)
Arroio de Vello Rullas (Aguiar, San Lourenzo)
Arroio de Bullas (Arcos e Sobrada)
Arroio Province (Aspai e Vicinte)
Arroio de Os Tollos (Bonxe)
Arroio Portoprés (Candai)
Arroio As Chairas (Candai)
Arroio de Carballosa (Castelo e Vilela)
|
Arroio Regueiro (Cela)
Arroio Piñeiro (Guillar)
Arroio de O Pazo (Mosteiro)
Arroio de Barciela (Outeiro de Rei, San Xoán)
Arroio de Moreira (Paz)
Arroio Piñeiro (Robra)
Arroio de Santa Marta (Silvarrei)
Arroio de O Corvo (Sobrada)
|
Orixinarias, na maioría dos casos, destes arroios son as abundantes fontes, algunhas con lavadoiros, dispersas polo concello. Entre elas cómpre destacar:
A “
Fonte de A Pinguela”, coñecida tradicionalmente como “
Fonte da Picha”, sitúase en Santa Mariña de Outeiro de Rei. De acordo á información dos libros de Actas Municipais do Concello [Arquivo Municipal de Outeiro de Rei] a súa construción é anterior ó ano 1920, xa que na acta da sesión ordinaria de 3 de xaneiro dese mesmo ano (1920) cítase un gasto de 266 pesetas 75 céntimos pola reconstrución desta fonte. [Legajo 4, Serie 129, Folio 44].
A "
Fonte dos Cochizos" en Santa María, presenta unha inscrición onde se eloxian as calidades milagrosas da súa auga para a curación dos cativos que teñan cochizos (bostelas típicas que saen nos beizos pola febre) ou calquera outra ferida na boca, e incluso problemas de pronunciación; potestade que lle concedeu, segundo contan os maiores, o bispo ó bendicila.
 |
 |
| “Fonte dos Cochizos” en Santa Mariña de Outeiro de Rei. | “Fonte de A Pinguela” |
A inscrición reza:
“Fai moitos anos, nesta fontiña traían aos
cativos que tiñan algún mal na boca, talexos
e fregábanlles na boca cun lenzo mollado
nesta auga milagreira, 9 veces, 9 Padrenosos, 9
días, pregándolle aos Santos que curaran o mal”.
Por último, a abundante rede hidrográfica propiciou a presenza de pontes neste Concello; pontes como a “
Ponte colgante de Parada” ou a ponte sobre o Miño (Santa Mariña) construída entre o 1789-1802 sobre os cimentos dunha ponte medieval da que só se conservan os arcos.
 |
 |
| Ponte Colgante de Parada |
Ponte Medieval sobre o Miño |