
ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

A Escola Infantil Municipal de Outeiro de Rei foi inaugurada o 14/09/2009 pola Conselleira de Educación, Beatriz Mato e polo alcalde do Concello de Outeiro de Rei, José Pardo Lombao.
Tratase dun servizo de atención educativa e asistencial dirixido a nenos e nenas de 3 meses a 3 anos. O número de prazas que ten é de 41, distribuídas da seguinte forma:
O cadro de persoal do centro esta formado por unha directora, unha técnica de apoio e catro educadoras.
O centro está situado na urbanización Santa Isabel, de recente construción, nas proximidades do espazo natural do Campo de Santa Isabel; ten unha superficie de 428 m2 e está dotado con tres aulas, unha aula de usos múltiples, tres patios de xogo (un deles cuberto), zona de descanso, cociña e baños.
Conta cunha infraestrutura adaptada para os/as nenos/as de preescolar: todas as aulas teñen luz natural, ventilación, elementos de seguridade e están acondicionadas co material educativo necesario para a estimulación das aptitudes e desenvolvemento dos nenos/as, todo baixo a atenta supervisión das traballadoras do centro.
A Escola Infantil permanece aberta durante todo o ano e funciona de luns a venres en horario de 8:00h a 20:00h.


INSCRICIÓNS:
O prazo para solicitar praza na EIM de Outeiro de Rei para o curso 2011/2012 está aberto do 15/03/2011 ao 30/04/2011 (ambos días inclusive); as solicitudes serán realizadas no modelo normalizado establecido a tal efecto acompañadas da documentación precisa.
MÁIS INFORMACIÓN
ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE OUTEIRO DE REI
TELÉF.: 982 393 009
CONCELLO DE OUTEIRO DE REI
TELÉF.: 982 393 382