> ESTABLECEMENTOS TURÍSTICOS

> TURISMO RURAL

Visitar calquera das tres casas de turismo rural localizadas no Municipio, permitirán ao visitante gozar dunha rica gastronomía propia da zona, de actividades de ocio en contacto coa natureza e se así o desexan, dun seguro merecido descanso.

Varios establecementos máis de hostalería, esparexidos pola xeografía municipal, darán fe da hospitalidade das súas xentes e dos importantes recursos culinarios.

Imagen Imagen Imagen
> RIO LADRA (Gaioso)
Teléf.: 982 390 706
> REBOREDA DE ABAIXO (Francos)
Teléf.: 982 390 505
> www.reboredadeabaixo.com
> O LUGAR DE PASCUAIS (Parada)
Teléf.: 982 392 552
> www.lugardepascuais.com


> OCIO E ACTIVIDADES

Imagen > CENTRO DE INTERPRETACIÓN DE AVIFAUNA
O centro encóntrase situado no lugar de Bravos, pertencente á parroquia de Vicinte. A visita a este centro permite ó visitante un percorrido a través do cal poderá facerse unha idea da riqueza avícola dos cinco continentes, facéndose especial fincapé na fauna autóctona galega. No Centro exhíbense aproximadamente 200 especies de aves.

Tfno.: 982 24 20 53.
> www.avifauna.net


Imagen > MARCELLE NATUREZA
Situado en San Martín de Guillar, Outeiro de Rei, trátase dun amplo espazo natural dedicado ós animais, onde poderemos relaxarnos e pasear observando unha gran variedade de especies en réxime de semiliberdade.
Cebras, bisontes, llamas, canguros, renos e moitos máis animais nun entorno de gran beleza e encanto.

Tfno.: 982 160 211
> www.marcellenatureza.com


Imagen > CASA DA RADIO
Situada en Gaioso, recolle unha ampla mostra de aparatos de radio en perfecto estado de conservación e algún deles con máis de 75 anos de antigüidade.
A colección é propiedade de Ramón López Vizcaíno.

Tfno.: 982 390 706
Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112