Nos últimos anos o Concello de Outeiro de Rei foi estruturando unha importante oferta
co obxectivo de favorecer a conciliación da vida familiar e laboral dos habitantes do
municipio a través da posta en marcha dun programa municipal de conciliación da vida
familiar e apoio á educación no que se inclúe a ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE
OUTEIRO DE REI e as seguintes iniciativas:
- OUTEIRO MADRUGADOR
- OUTEIRO TARDES
- OUTEIRO LÚDICO

A Escola Infantil Municipal de Outeiro de Rei foi inaugurada o 14/09/2009. Tratase dun
servizo de atención educativa e asistencial dirixido a nenos e nenas de 3 meses a 3
anos. Oferta 41 prazas distribuídas da seguinte forma:
- De 0 a 1 ano: 8 prazas - De 1 a 2 anos: 13 prazas
- De 2 a 3 anos: 20 prazas
PRAZO XERAL DE SOLICITUDE DE PRAZA: DO 15 DE MARZO AO 30 DE ABRIL
ENDEREZO: URBANIZACIÓN SANTA ISABEL C/5. OUTEIRO DE REI

Servizo de atención infantil para nenos/as de 3 a 12 anos matriculados no CEIP
Laverde Ruíz (Colexio Público de Outeiro de Rei). Empezou a funcionar en setembro
de 2010.
| OBXECTIVO |
Axudar aos pais/nais que traballan ou que por outras razóns
necesitan deixar aos seus fillos/as atendidos antes do inicio
da xornada lectiva. |
| DURACIÓN |
Setembro 2011 / Xuño 2012 (durante o curso escolar) |
| LUGAR |
LOCAL B |
| HORARIO |
De 8:00h a 9:30h |
| COTA |
40€/anuais |
| INSCRICIÓNS |
Na biblioteca municipal en horario de 10:30h a 12:00h durante
a 1ª quincena do mes de xuño. (Para solicitudes fóra de prazo
consultar dispoñibilidade). |
 Servizo de atención infantil para nenos/as de 3 a 12 anos matriculados no CEIP Laverde
Ruiz. Empezou a funcionar co inicio do presente curso escolar, o 12/09/2011.
| OBXECTIVO |
Axudar aos pais/nais que traballan ou que por outras razóns
necesitan deixar aos seus fillos/as atendidos despois da
xornada lectiva. |
| DURACIÓN |
Setembro 2011/Xuño 2012(durante o curso escolar) |
| LUGAR |
LOCAL B |
| HORARIO |
De 16:00h a 20:00h |
| COTA |
15€/anuais |
| INSCRICIÓNS |
Na biblioteca municipal en horario de 10:30h a 12:00h durante
a 1ª quincena do mes de xuño. (Para solicitudes fóra de prazo
consultar dispoñibilidade).
O pagamentos mensuais deberán realizarse dentro dos 15
primeiros días do mes anterior. |

Servizo de atención infantil para nenos/as de 3 a 12 anos que empezou a funcionar
durante as vacacións de Nadal 2009.
| OBXECTIVO |
Favorecer a conciliación da vida familiar e laboral nos períodos
vacacionais creando un espazo de diversión onde os nenos/as
levan a cabo xogos cooperativos, animación á lectura,
actividades de exterior, xogos deportivos, proxección de
películas infantís, manualidades, saídas de coñecemento do
entorno… |
| DURACIÓN |
Durante as vacacións escolares de Nadal, S. Santa e verán (a
excepción do mes de agosto). |
| LUGAR |
LOCAL B |
| HORARIO |
De 9:00h a 14:00h e de 16:00a 19:00h (este horario pode sufrir
variación en función da demanda que exista). |
| COTA |
40€ anuais repartidos en 2 prazos. O 1º (20€) a aboar no
momento da inscrición, do 21/10/2011ao 04/11/2011. O 2º a
aboar na 1ª quincena de xuño. |
| INSCRICIÓNS |
Na biblioteca municipal en horario de 10:30h a 12:00h |
NOTA: Teñen preferencia á hora de cubrir as prazas as familias empadroadas
neste municipio.
DESCARGA O PDF
|