Comunicacións

Outeiro de Rei é atravesado pola N-VI, Madrid- A Coruña e tamén pódese acceder a el facilmente a través da autovía A-6 (Madrid- A Coruña km. 507). Así mesmo, conta cun bo número de pistas e estradas secundarias que permiten que a comunicación dentro de Outeiro de Rei sexa fácil e rápida.
Polo que respecta ó transporte de viaxeiros, existen varias empresas de autobuses que teñen paradas en varios puntos do Concello e ademais hai dous servizos de taxi con parada en San Xoán de Outeiro de Rei.
Por último, mencionar que a liña de ferrocarril Palencia-Coruña tamén percorre o concello, situándose a parada máis próxima, tanto para transporte de viaxeiros como de mercancías, no concello de Rábade.
As distancias ás principais cidades do seu entorno (tomando como referencia a capitalidade do Municipio) son:
| Cidade |
Distancia |
| A Coruña |
79 Km. |
| Ferrol |
84 Km. |
| Lugo |
12 Km. |
| Ourense |
101 Km. |
| Oviedo |
226 Km. |
| Pontevedra |
147 Km. |
| Santiago de Compostela |
97 Km. |
| Vigo |
170 Km. |