
OLERÍA DE BONXE
A cerámica de Bonxe, unha das catro cerámicas ancestrais de Galicia, aséntase neste concello.
Numerosas testemuñas falan da súa transmisión hereditaria familiar e Lucas Labrada, en 1809 rexistra a fama da olería de Bonxe nas feiras de Arzúa e Monterroso, entre outras. Sobre a década dos anos 50 aínda a totalidade dos veciños da parroquia vivían da olería (eran oleiros, chamábaselles así porque eran os que facían as "olas" ou cacharreiros).
As boas condicións xeolóxicas da zona favoreceron sempre e mantiveron o bo ritmo de produción dos oleiros.
Progresivamente esta cerámica, seguindo a tónica xeral do resto de artesanías de tradición, foi decaendo; os mestres oleiros foron a menos, poñendo en perigo a continuidade desta artesanía. Non obstante, esta actividade promete ter continuidade na persoa de Josefa Lombao Ferro, "Pepa", que herdou a arte do seu pai, Indalecio Lombao Gómez, que foi nomeado pola Mancomunidade de Municipios da Terra Cha Chairego do ano 2006 en recoñecemento ao labor realizada durante toda a súa vida como oleiro e a favor do mantemento desta nobre arte.
ver vídeo da homenaxe a Indalecio Lombao Gómez
Entre os obxectos habitualmente fabricados polos oleiros salientan os barreños (destinados tradicionalmente á fermentación de zorza para embutidos), cazolas de múltiples variedades, cacheleiros, botixos, fontes, tarteiras, chocolateiras, nateiras, pucheiros, xarras, sellas, queixeiras..., a meirande parte destas pezas perderon o seu uso tradicional e na actualidade pasaron a seren obxectos de decoración e ornamentación.
Recoméndase a turistas e amantes da artesanía se achegaren no seu paso pola zona deica o taller de Pepa, poderán ver o proceso de elaboración de pezas e adquirir algunha, se así o desexaren.
Bonxe 17, Outeiro de Rei. Teléfono: 982 393 399
http://pepabonxe.blogspot.com/
OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS MUSICAIS "XANECO"
Fabricación de Instrumentos de Percusión tradicional.
Abeladoira,1. San Fiz de Paz. (Outeiro de Rei)
Telf. 696 431 657
www.xaneco.com
GABRIEL SARCEDA RODRÍGUEZ
Fabricación e restauración de mobles.
Carreteira Pascual, 5. Santa Mariña, Outeiro de Rei.
Telf. 982 393 087
IDOIA CUESTA
Elaboración de tecidos vexetais: tapices e cestas.
Hortas, 7. Cela, Outeiro de Rei.
Telf. 677 334 150
DOLORES GONZÁLEZ VIGO
Cestería en palla.
Hortas, 5. Cela, Outeiro de Rei
Telf. 982 390 477