> ALCALDÍA

Imagen José Pardo Lombao, (Outeiro de Rei, 1955) está casado e ten dous fillos.

Dende moi cedo amosou unha clara vocación política accedendo á corporación municipal como concelleiro na lista de Alianza Popular (AP) no ano 1983. Foi deputado provincial de 1994 ó 2003 e é alcalde dende o ano 1998.

A dedicación ó Concello que o viu nacer absorbe a maior parte do seu tempo, non en vano durante estes anos de mandato acadáronse, en colaboración con outras Administracións, importantes logros para Outeiro de Rei que fan deste municipio un Concello de Futuro, como el mesmo acostuma a definir.

Púxose en marcha o Punto de Atención Continuada; construíuse o polideportivo municipal; rehabilitouse a Casa da Cultura na que se localiza a biblioteca municipal e que en breve albergará, entre outras dependencias, á Oficina de Información Xuvenil; varias antigas escolas espalladas pola xeografía municipal foron rehabilitadas para centros socioculturais; remodelouse o campo de fútbol de Outeiro de Rei; estase a impulsar a construción no municipio de preto de 530 vivendas unifamiliares e dunha gardería municipal; no 2003 finalizou a construción da primeira promoción de vivendas de protección oficial; aprobáronse e se están a desenvolver máis dun 1.000.000 de m2 de solo industrial; estase levando a cabo o abastecemento de auga na totalidade do municipio; remodelouse o casco antigo da vila de Outeiro de Rei e realizáronse importantes obras de acondicionamento do Campo de Santa Isabel; levouse a cabo o sendeiro de “As Insuas do Miño” e recentemente realizouse, en colaboración co Inludes e a Deputación Provincial, un sendeiro que conecta o alto Miño có espazo natural do Campo de Santa Isabel. No ano 1999 asinou un convenio de colaboración coa entidade privada “Club de Campo e Tiro de Bonxe” para a utilización por parte dos habitantes do municipio das instalacións da citada entidade (piscinas, canchas de tenis,etc).

Ademais nestes anos instalouse o alumeado público aproximadamente no 80% do territorio municipal e reelectrificouse o 50% quedando estes dous servizos, así como o asfaltado de estradas, cubertos na práctica totalidade do territorio municipal. Igualmente instaláronse colectores de saneamento en todo o núcleo urbano que se estenden ó longo do río Santa Marta ata os límites co municipio de Lugo no que constitúe a zona máis poboada do Concello así coma un colector xeral no centro da Zona Industrial de Outeiro de Rei; ampliouse a extensa rede de camiños rurais e devasas; xeneralizouse a recollida selectiva de lixo e aparellos a todo o territorio municipal e incrementáronse os servizos administrativos que ofrece o Concello (servizo de axuda a domicilio, urbanismo, emprego e desenvolvemento local, cultura e deportes...).

No 2008 rematouse unha importante obra de remodelación da Casa Consistorial.

CORPORACIÓN MUNICIPAL

PP (8)

D. José Pardo Lombao
D. José Yebra Amorín
Dª Pilar Méndez Lombao
Dª María Begoña Seco Varela
D. Jesús Fernández García
D. Antonio López Pérez
Dª María José Martínez Vigo
Dª Tania Díaz Seijas

PSOE (2)

D. Miguel Ángel López Varela
D. José Manuel Carral Méndez

BNG (1)

D. Arcadio Lombao Román

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet